A Concentración do colectivo de emigrantes retornados hoxe en Santiago non conquire que o PP aprobe as súas propostas
Como xa anunciábamos pola maña, a Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, viaxou a convocatoria xeral realiza esta mañá en Santiago de Compostela. Pero a xuntanza realiza de afectados procedentes de toda galicia non conseguiu que o PP aprobase a proposta de ley feita polo BNG para reformala ley 35/2006, que afecta a este colectivo de emigrantes retornados en materia de tributación a Facenda.
É que o PP votou en contra desta proposición do BNG argumentando que as medidas que dende o Ministerio de Fanceda propuséronse para a regularización das situacións de este colectivo a partires do vindeiro día 1 de xaneiroson suficientes e as correctas, e que esta proposta do BNG só fai que entorpecelas.
Tras leer o comunicado que adxuntamos pola maña no artigo donde anunciábamos a súa saída cara a capital de Galicia, quixeron dalo a los membros da Xunta.
A plataforma fixo público o seguinte comunicado:
Dende a plataforma de Emigrantes retornados de Valdeorras, consideramos que o éxito da mobilización é palpabel, dende o momento que nos atopamos con unha elevada presenza, con miles de persoas nas rúas de Santiago de Compostela, procedentes de todas as partes do país.
Temos que ter en conta as dificultades do noso colectivo, moitos maiores e com moitos problemas de saúde e dende Valdeorras, máis de 35 persoas estivemos dispostas a cruzar Galiza para facerlle chegar ao parlamento galego, as 30.000 sinaturas que foron recollidas por todo o territorio, ao tempo, que dentro no pleno se debatía a elevación ao Parlamento Español das modificacións da Lei 35/2006.
O Partido Popular foi o único partido que votou contra a modificación desta Lei que fora aprobada no seu día polo goberno de Zapatero.
Mais o seu voto contrario non foi o máis grave, sorprendeunos a actitude altiva do Presidente da Xunta de Galiza que tirou as sinaturas dos emigrantes retornados ao chan, xeito que nos indica o que somos para el, panos de usar e tirar, lixo.
Non estamos dispostos nin a calar, nin a doblarnos, porque co noso traballo e o envío de divisas dende o extranxeiro axudamos a erguer este país da miseria, e agora, nun tempo de merecido descanso, non merecemos que se nos trate de ladróns e defraudadores, xa que os ladróns non somos nós, o señor presidente tenos máis perto.
Seguimos e seguiremos, namentres teñamos forza e vida, a reclamar o que é de xustiza, un trato igualitario á hora de presentar as declaracións, unha lexislación igual para todos, a eliminación das multas, dos atrasos, dos intereses e todas as cuestións que fan de nós cidadáns de segunda.
Facemos un chamamento a todas as emigrantes retornadas e retornados, a toda a poboación en xeral a que se sume á nosa loita, que tamén e súa. Convidámosvos a todos a asinar o noso manifesto e a asistira á proxima concentración o día seis de novembro ás once, fronte a delegación de Facenda.
Somos emigrantes, non defraudadores!
Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras