Comunicado Plataforma Sanitaria de Valdeorras: concentración, coloquio e manifestación
Ante a situación de desmantelamento da sanidade pública a plataforma sanitaria de Valdeorras emite o seguinte comunicado:
Facemos un chamamento á poboación para que acudan con nós aos actos programados en defensa dunha sanidade pública, universal, de balde e de calidade.
Rexeitamos a actual política de desmantelamento da área Sanitaria de Valdeorras e nos opoñemos frontalmente á diminución dos recursos sanitarios adicados ao Area de Valdeorras.
Temos dereito unha sanidade digna e nos opoñemos ao recorte de medios tanto humanos como materiais ao que se está sometendo a atención primaria do noso area e o Hospital Comarcal Valdeorras.
Convidámosvos a acudir aos actos programados que nestes momento e pendentes de concretar outras medidas comunicativas e de presión son os seguintes:
Día 1 de Outubro: concentración diante do Hospital Comarcal de Valdeorras as 20, 30 horas
Día 9 de Outubro: charla coloquio as 20’, 30 horas co titulo : Sanidade dereito ou negocio? (edificio multiusos de O Barco de Valdeorras)
Relación de relatores e relatorios:
- Miguel G Buitrón (médico) : “Sanidade pública: equilibrio e progreso social”
- María del Carmén Acuña (médica e deputada autonómica): “Situación actual da sanidade en Galiza. Se o quixesen facer peor non poderían”
- Miguel Ángel Jiménez (avogado): “o soño americano”
- Presidenta de DISVALIA : Experiencia dunha asociación de afectados
- Presidenta de FFIBRIVAL: Experiencia dunha asociación de afectados
Dia 17 de Outubro: Grande manifestación as 18 horas que partirá do Hospital Comarcal de Valdeorras.