Comunicado do BNG-Asembleas Abertas de Viana do Bolo en relación coas negociacións para conformar un goberno de coalición estábel
O resultado electoral das pasadas eleccións municipais trouxo como resultado un cambio histórico en Viana do Bolo. Falou o pobo e retiroulle a maioría absoluta ao alcalde Montesinos, dándolle a alternativa ao BNG-Asembleas Abertas.
Con este resultado é responsabilidade do BNG-Asembleas Abertas conformar un goberno que responda ao sentir maioritario dos veciños e veciñas de Viana do Bolo; un goberno estábel, eficaz e democrático para o noso concello. Un goberno que poña os intereses da veciñanza de Viana do Bolo por riba de todo.
Así, téñense levado a cabo negociacións para conformar un goberno de coalición entre o BNG-Asembleas Abertas (con 5 concelleiros) e o Psoe (con 1 concelleiro), e que estaría presidido por Secundino Fernández, como alcalde.
As negociacións deixaron consensuado un programa de goberno de 30 puntos, recollendo os compromisos e programas das respectivas formacións políticas.
- O BNG-Asembleas Abertas ofreceulle ao Psoe:
- 2ª Tenencia de Alcaldía
- Integración na Xunta de Goberno Local
- Concellerías delegadas ou delegacións. Negociaríase unha delegación para o PsdG-PSOE
- Crear unha comisión de Persoal e unha Mesa de Contratación, con representación de todos os grupos municipais.
Finalmente, o BNG-Asembleas Abertas agarda que, a responsabilidade e respecto á vontade expresada nas urnas polos veciños e veciñas de Viana do Bolo, fagan posíbel a sinatura en breve dun acordo de gobernabilidade, estábel, eficaz e democrático, para os próximos catro anos.
Datos electorais do 24 de maio de 2015
BNG 810 votos. Suba de 243 votos. Sube 2 concelleiros. Total 5 concelleiros
PP 917 votos. Baixa de 499 votos. Baixa 2 concelleiros. Total 5 concelleiros
PSOE 233 votos. Baixa de 15 votos. Total 1 concelleiro