Comezaron as Festas Patronais de Monforte, quizais co mellor cartel da ‘era Tomé’

Este pasado 10 de agosto tivo lugar o pregón inaugural e a partir de aquí un programa espectacular con orquestras como a Panorama, Finisterre ou Os Satélites; actuacións de rúa para todos os públicos; concertos de famosos como Edurne, La Oreja de Van Gogh, Rosario Flores, Ana Mena ou Mago de Oz; música tradicional e fogos artificiais.

PROGRAMA

 

 

Monforte celebra as súas Festas Patronais na honra á Virxe de Montserrat entre o 10 e o 16 de agosto, unhas festas que segundo anticipaba o alcalde, José Tomé Roca, “volven por todo o alto, e creo que van ser unhas festas para recordar”. Esta afirmación, á vista do cartel, apunta a que se vai cumprir porque haberá grandes concertos de balde con artistas famosos, grandes orquestras, moita actividade de rúa para todos os públicos, os fogos artificiais de San Vicente, unha chea de atraccións no aparcamento do Parque dos Condes, a celebración do Día do Gaiteiro, etc.

Tras o pregón do mércores 10, a cargo da escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero –parlamento que tivo que facerse no Salón de Plenos do Concello por mor da Treboada–, este xoves preséntase con grandes atractivos. Comeza, por exemplo, o VIII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’ con espectáculos para público familiar de mañá e de tarde que terán lugar na Praza de España e na Rúa Cardeal os días 11, 12, 13, 14 e 16 de agosto. O programa do festival contará coa participación de espectáculos con maxia, acrobacias aéreas, clown, monicreques, mimo, circo, música e danza.

No que respecta ás actuacións musicais e orquestras, esta noite actúa na Praza España María do Ceo ás 22:30 h. e a esa mesma hora os amantes da verbena poden gozar coa orquestra Finisterre na Compañía ata darlle paso á sempre espectacular Panorama con 3 horas ‘non stop’ de show ata as 3:00 da mañá. Se aínda quedan forzas, a Finisterre volverá ao escenario tras o remate da anterior.

 

Para o día 12 os principais atractivos o concerto da Banda de Música de Vilalba na Praza España ás 22:30 h. o concerto de La Oreja de Van Gogh ás 00:00 h. na Compañía, e a verbena –antes e despois do concerto deste grupo pop nacional– a cargo da orquestra Os Satélites.

O sábado 13, ademais das atractivas actuacións que achega o festival “A rúa é nosa”, ás 20:30 h. haberá un pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte, concerto do grupo local Vera Lynn na Praza España –21:30 h.– e a esperada Edurne na Praza da Compañía ás 23:00 h. Tras esta actuación outros dous concertos, neste caso a cargo do grupo Gin Toni´s e Malenne. A partires das 00:30 h. na Compañía.

Chegados ao domingo 14, ás 12:00 h. haberá unha alborada a cargo do Grupo de Gaitas do Concello e na mesma estarán acompañados polos ‘Xigantes e Cabezudos’; festival cómico festivo de rúa e ás 22:00 h. concerto da Banda de Música de Antas de Ulla. E como aínda quedan foras e ganas de ver máis artistas famosos, ás 23:00 h. chega Rosario Flores á Compañía. Rematada a súa intervención, verbena coa orquestra Los Player´s.

O 15 de agosto, Día da Patroa, coa tradicional procesión e ofrenda floral á Virxe de Montserrat na igrexa da Régoa.

Este mesmo día ten lugar a celebración do ‘Día do Gaiteiro’, unha xornada na que se pretende amosar e dignificar a riqueza cultural galega da música e a danza tradicionais galegas. Ás 11:00 h. terá lugar unha alborada con diferentes gupos de gaiteiros, locais e de fóra e por diferentes puntos da cidade, ás 20:15 un pasarrúas dende a Compañía ata chegar á Praza España onde se desenvolverá unha ‘Mostra de danza e música tradicional’ coa participación de varios colectivos locais máis o Cego da Veneira da Pobra do Brollón.

Ademais do anterior, o Malecón vivirá a saída ao Cabe das barcas engalanadas, actividade na que participan o Club de Piragüismo Quixós, a Escola Municipal de Gaita e Percusión e Os Xograres de Lemos; haberá un concerto da popular Ana Mena –00:00 h. na Compañía– fogos artificiais e verbena coa orquestra Costa Dorada.

Para rematar este espectacular programa de festas, o 16 de agosto, rematará o festival cómico festivo coas últimas actuacións do ciclo, haberá un pasarrúas a cargo do grupo de batucada ‘Baturruca’, terán lugar os fogos artificiais ás 00:00 h. e como guinda ao pastel, concerto do grupo Mago de Oz e verbena coa orquestra Acordes.

 

 

También te podría gustar...