Comeza a campaña de vialidade invernal en Ourense
A Deputación de Ourense comeza coa campaña de vialidade invernal.
- O operativo conta con 49 vehículos e maquinaria que actuarán en 2.040 quilómetros de estradas da provincia
A Deputación de Ourense comeza coa campaña de vialidade invernal, así o confirmou o deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, Pablo Pérez. A campaña ten como obxectivo «reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fronte ás adversidades meteorolóxicas propias do inverno», asegurou Pablo Pérez na súa visita ás instalacións do parque móbil e maquinaria da Deputación de Ourense no Polígono de San Cibrao.
Para elo, porase en marcha un operativo que contará con 49 vehículos e maquinaria entre os que se atopan quitaneves, motoniveladoras, cargadoras e vehículos de menor tamaño con cuchilla, que levarán a cabo actuación nos 2.040 quilómetros de estradas da provincia de Ourense sendo 1.840 quilómetros de vías provincias e 200 quilómetros de vías municipais.
Cabe destacar que a previsión de almacenaxe de sal para as estradas achégase ás 1.890 toneladas e o persoal da Deputación adscrito a este operativo é de 62 persoas entre técnicos, celadores, vixiantes e operadores de maquinaria. O almacenaxe de sal realízase en almacéns situados nos concellos de San Cibrao das Viñas (800 toneladas), Viana do Bolo (200), Xinzo (200), Verín (200), Bande (150), Pobra de Trives.