Coanhadeira, protagonista do concerto especial ‘Letras Galegas’ en Quiroga

  • O día 21 de maio ás 22.30 horas o local Ruxe-Ruxe de Quiroga organiza un concerto especial «Letras Galegas» traendo a un dos mellores grupos de folque do momento, Coanhadeira
  • O conxunto ourensán que está de xira co seu último traballo: «Bicos con luvas»

COANHADEIRA

 

Coanhadeira_lixeiroCoanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folque entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galiza), A Carballeira de Zas (Galiza), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L»Orient (Francia), entre outros.

No 2015 presentaron o seu último álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa. Contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.

Premios e galardóns:

2007 gañadores da sección folk do concurso Nsaio no Camino (Galiza)

2008 gañadores do XI Concurso Folk Radio Obradoiro (Galiza) Finalistas do Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza) e segundo premio no concurso Folk Folkez Blai (Bizkaia, Euskadi)

2009 gañadores do IV Concurso Folk Escenario PRAU (Cantabria)

2010 Segundo premio no concurso folk Eurofolk (Córdoba)

 

También te podría gustar...