Clausura do obradoiro de ‘San Antón’ en Verín

SONY DSC

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do  obradoiro de emprego “San Antón” organizado conxuntamente polos concellos de Verín e Vilardevós.Este obradoiro púxose en funcionamento o pasado mes de agosto e nel participaron  20 desempregados como alumnos de carpintería, xardinería e albanelería.  No acto tamén estiveron presentes os rexedores de Verín, Juan Manuel Jiménez,  e Vilardevós,  Manuel Cardoso.

Na súa intervención, Rogelio Martínez explicou que iniciativas deste tipo permiten o acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo ao tempo que ofrecen a formación teórica e práctica necesaria para que acaden unha boa cualificación e facilitarlles a súa reinserción laboral.

Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos centraron os seus esforzos na rehabilitación da capela de San Antón, e no mantemento das áreas recreativas existentes no núcleo urbano do concello de Verín, mentres que en Vilardevós dedicáronse ao acondicionamento parcial da antiga escola de Berrande para acoller un centro social.

O delegado territorial lembrou que nos últimos seis meses se desenvolveron na provincia de Ourense un total de 13 obradoiros que contaron cun investimento de preto  de 2.300.000 euros e 339 beneficiarios, entre alumnos e persoal docente e administrativo.

Coa clausura do obradoiro compartido por Verín e Vilardevós, Rogelio Martínez remata o periplo iniciado o  pasado mes de febreiro por todos os obradoiros celebrados na provincia ourensá para clausuralos e entregarlles os diplomas a todos os seus alumnos.

SONY DSC

También te podría gustar...