Clausura das X Xornadas de Enfermaría organizadas pola Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

IMG-20150513-WA0006

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, clausurou esta tarde as X Xornadas de Enfermaría que durante dous días se desenvolveron no Campus Universitario, organizadas pola Dirección de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, como marco de difusión da labor investigadora da profesión en Ourense.

Esta reunión científica, pioneira e referente no sector a nivel galego, serve para difundir os traballos de investigación publicados ou presentados ao longo dos pasados doce meses nos diversos congresos, simposios ou reunións científicas autonómicas, nacionais e internacionais, requisito imprescindible para concorrer ao Premio de Enfermería de Ourense.

Xunto aos obxectivos xerais o lema desta edición das xornadas foi “O paciente: o noso referente ao longo do tempo” aspecto que destacou na súa intervención o delegado territorial que subliñou a importancia de trasladar a práctica os avances na investigación enfermeira en prol da mellora, eficiencia e seguridade dos coidados de enfermería no seu traballo diario cos pacientes.

IMG-20150513-WA0007

 

Martínez gabou a profesionalidade e a calidade humana coa que os enfermeiros e enfermeiras desempeñan as súas tarefas sanitarias e incidiu na idea de que “a sanidade galega non sería a mesma sen o compromiso e a implicación dos seus profesionais”. Consciente desta realidade, o delegado territorial engadiu que “queremos que os nosos profesionais se sintan orgullosos dos servizos que prestan, desenvolvan o seu traballo nun entorno seguro, e conten cos instrumentos adecuados para desenvolvelo.

O delegado territorial fixo fincapé no interese da temática de debate no marco destas xornadas, ao tempo que trasladou os seus parabéns aos membros do comité organizador. As xornadas teñen demostrado seu interese entre o colectivo sanitario. En total participaron máis de 200 profesionais, que maioritariamente desenvolven a súa labor na provincia, contando tamén cunha importante representación de alumnos da Escola de enfermería de Ourense.

También te podría gustar...