Cigarreiras, da compañía Contraproducions, en Monforte

  • Mañá nova representación teatral 
  • O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro para o primeiro trimestre deste ano 2022, mañá xoves 10 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes
  • A obra enmárcase dentro do programa de actividades ideado polo Concello arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
  • Todas as obras que se celebran neste ciclo de teatro contarán cun protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Coronavirus. As entradas venderanse ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación

 

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, mañá xoves 24 de marzo ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra para adultos Cigarreiras, da compañía Contraproducións, baixo a dirección de Cándido Pazó e interpretada por Tamara Canosa, Susana Dans, Covadonga Berdiñas, Isabel Naveira, Ledicia Sola, Ana Santos e Mercedes Castro.

Esta peza enmárcase dentro do programa de actividades ideado polo Concello arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller..

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

A venta de entradas será ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.

Sinopse

No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Cigarreiras presenta unha releitura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna.

A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas entorno ao que xirarán esta releitura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña.

E todo isto con un transfondo político onde se asiste ó ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.

 

A seguinte obra do ciclo de teatro para público infantil e familiar programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Saga de flin Havardr da compañía Trécola Monicreques que terá lugar o xoves 31 de marzo no Edificio Multiusos ás 18 h. Esta obra forma parte do circuíto Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

También te podría gustar...