CIG Saúde O Barco » figuran como contratadas persoas que non o están nesas datas»

CIGSAUDElogoA sección sindical da CIG Saúde de o Área de O Barco manifesta a súa protesta, e dá a coñecemento público, a ilegal actuación dos órganos xestores da sanidade pública na comarca en relación ás contratacións de persoal sanitario; onde se están a facer contratos falsos figurando como contratadas persoas que non o están nesas datas, e ás que se lle programa a realización de xornadas dobres en datas distintas; contrariando calquera tipo de normativa laboral, xerando un risco cara aos pacientes por sobrecarga laboral, e incrementando ademais os custos precisos para a cobertura das necesidades.

 

 

Manifestamos tamén a meirande indignación por ver como  a contratación dun facultativo especialista no  HCV está sen realizarse esperando unicamente que a xerente do área se digne a firmar a autorización. E mentres tanto  xéranse listas de agarda e riscos sobre a poboación que non poden ser aceptados en modo algún como anulación da valoración de resultados de probas específicas .

Informamos tamén do incumprimento sistemático das promesas e acordos recollidos en actas,  en relación a coberturas de substitucións de centros de saúde  onde se seguen a facer contratacións a tempo parcial ocasionando unha  perigosa diminución dos recursos sanitarios, o que é especialmente grave nas areas rurais afastadas. Ademais do incumprimento  dos acordos de contratación de fisioterapeutas e TCAE no centro de saúde de O Barco en quenda de tarde despois de ter eliminado esta actividade no HCV.

Así mesmo vemos tamén con preocupación polo futuro da sanidade pública en Valdeorras o feito da publicación dunha resolución de 20 de xuño,modificada pola resolucion do 15 de xullo de 2016, onde se anuncia a licitación de subministros e aparataxe de laboratorio para a realización de técnicas analíticas no HCV e onde vemos a desaparición de múltiples probas que até agora facíanse no noso centro; concretamente deixaranse de facer mais de 38.000 analisis anuais no HCV.

Por todo isto calificamos a actual xestión da sanidade pública en Valdeorras como inadecuada,  claramente economicista e privatizadora, ademais de deixar constancia do desprezo e infravaloración a que está sometida esta area de saúde por parte dos actuais xestores reais da sanidade ourensá quenes chegan a  nin acudír ás reunións que cos representantes dos traballadores están regulamentariamente planificadas e deixando sen apenas capacidade de xestión algunha aos actuais responsables secundarios deste area

 

 

 

También te podría gustar...