CIG reclama Renda de Inserción laboral para persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación.
Ademáis disto, considera absolutamente insuficiente a axuda para persoas desempregadas de longa duración que prevé aprobar o Goberno, a patronal, e os sindicatos CCOO e UGT.
Entende que , polo seu carácter temporal -só durante 6 meses-, pola súa contía económica – 400 euros- e polos requisitos requiridos –que leven máis dun ano sen cobrar- non atende ás necesidades reais deste colectivo.
Fronte a isto defende a creación dunha Renda de Inserción Social para todas as persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación.