Cifras dos incendios deste ano tras o fin da época de máxima alerta
Dende a Consellería de Medio Rural, se anticiparon datos dos incendios que tiveron lugar ó longo do que levamos de ano, indicando que con moita probabilidade serán xa cifras aproximadas a las de peche de este 2014 o entrar xa o outono e a época de choivas , co cal, históricamente, no é habitual que acontezan demasiados sinistros de incendios cara o fin de ano.
Na nosa comarca foi o concello de Rubiá o que levou neste ano a peor parte, mais curiosamente non foi no verán. Foi a comezos do mes de maio cando arderon 235 hectáreas. Houbo dos máis en verano no mesmo concello segundo indica Medio Rural pero sin alcanzar as proporcións do acontecido en maio, aínda que amenazaron con chegar a Serra de A Lastra.
Outro concello da comarca afectado polos incendios foi Carballeda. En concreto o incencio de Candeda, neste concello, arrasou con 60 hectáreas a finales do mes de agosto. Este foi na época de verán o incendio de maiores dimensións na comarca de Valdeorras
Mais este mesmo municipio vérase afectado tamén en marzo con outro incendio que daquela arrasara con 80 hectáreas.
Pequenos focos na Rúa o en O Bolo, pero de escasa importancia e relevancia, completarían o panorama na nosa comarca.
Cifras globais
Falando de cifras en conxunto de superficie queimada, Medio Rural indica que acabaron os fogos cunha superficie perto das 600 hectáreas na nosa comarca.
Suliñan na memoria avanzada deste ano que foi o verán con menos incendios a nivel provincial y da comunidade dende o ano 1977.