Cifra de visitantes atendidos pola Oficina Municipal de Turismo da Pobra de Trives durante o verán
A Oficina Municipal de Turismo da Pobra de Trives atendeu durante os meses de verán a un total de 784 persoas que se achegaron as instalacións do Concello para solicitar información sobre os recursos turísticos da vila. As peticións foron constantes ao longo dos meses do verán e responderon ás accións de promoción realizadas a través da páxina web do Concello, das redes sociais e tamén por recomendacións de persoas que xa estiveron na vila.
O perfil de turista de Trives sitúase nun tramo de idade comprendido entre os 20 e os 40 anos, maioritariamente viaxan en parella ou con grupos de amigos, e a súa estadía prolongase até 3 días.
Segundo o estudo realizado polos técnicos municipais, os turistas alóxanse un 31% en casas de amigos, un 15,38% nos campings e un
11,53% nas casas rurais da vila.
A procedencia dos visitantes é moi variada. No que se refire ao turismo estatal, un 38,51% chegan de Galicia, un 13,95% de Andalucía,
un 13,48% de Madrid, e un 9,76% de Castela e León.
Tamén se rexistrou un incremento do 6% a nivel internacional. Os turistas que encabezan esta estatística son os franceses cun 31,57%,
Portugal cun 15,78% e os estadounidenses cun 15,78%. Pechan a lista os británicos cun 10,52% O alcalde, Francisco José Fernández, considera moi positivo o resultado da campaña de verán. Fernández entende que “Trives é o referente do turismo interior de Galicia” e insta a todas as administración a pór en marcha mecanismos para incrementar e consolidar estes datos.