Charla e cata dentro das actividades do Mes do Amandi

  • O próximo mércores 18 de agosto ás 19:00 horas

 

Dentro das actividades do Mes do Amandi, o próximo mércores 18 de agosto ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar unha charla a cargo o de Vicente Sotés, Catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, experto da O.I.V. en Cambio Climático.

Vicente Sotés

 

A charla terá por título ‘O efecto do cambio climático, o desafío da adaptación de variedades nos viñedos de Amandi‘.

Ao final da charla o enólogo Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxia, dirixirá unha cata dos viños gañadores do concurso de cata da XLI Feira do viño de Amandi.

Alfonso Losada

Aforo

O aforo para cumprir coa normativa sanitaria é de 20 prazas. Para participar é preciso anotarse en turismo@concellodesober.com ou na propia Oficina Municipal de Turismo.

También te podría gustar...