Celébrase no Barco a Xornada Informativa, ‘Oportunidades de Negocio en produción agroalimentaria’
Celébrase no Barco a Xornada Informativa, ‘Oportunidades de Negocio en produción agroalimentaria’, na que impulsadas dende o IGAPE, e organizadas dende a Xunta de Galicia con apoio de Fondos Europeos, vanse a analizar nunha xornada completa de tarde, os posibles negocios que se poden atopar emprendedores na produción agroalimentaria nestos tempos.
O IGAPE, ente público adscrito á Consellería de Economía e Industria, ten entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar aos futuros empresarios e empresarias dos coñecementos e habilidades necesarios para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.
Nesta xornada, contarase coa testemuña de 3 empresas do sector que exporán a súa experiencia, dende o obxectivo da solución de problemas e da aclaración de dúbidas, así como de dar a coñecer oportunidades para futuros emprendedores a partir de necesidades da súa actividade:
- MILHULLOA S. COOP. GALEGA. é unha empresa cuxo obxecto social é o cultivo ecolóxico, tanto de
plantas medicinais como de hortalizas. Está situada en Palas de Rei (Lugo) á beira do Camiño Frances ao seu paso pola comarca da Ulloa.Dispón de 10 Ha. de terreo onde realiza o seu propio cultivo, e unha pequena industria onde transforma os seus produtos mediante un proceso de deshidratación. Milhulloa é a única empresa galega dedicada á produción de plantas aromáticas e medicinais, realizando todo o proceso de elaboración do produto, desde o cultivo até a transformación para a súa venda. Así mesmo, oferta servizos de deshidratación a empresas produtoras de algas, cogomelos e hortalizas. - SOUTO ACTIVO: consiste nun proxecto levado a cabo por tres enxeñeiros preocupados polo
abandono do rural. A despoboación e o envellecemento destas zonas provocaron nos últimos anos un desaproveitamento de multitude de recursos cun elevado potencial económico, social e medioambiental. Por este motivo, centrándose na recuperación de soutos tradicionais e na comercialización das castañas, Souto Activo nace para dotar dos medios necesarios aos propietarios para poñer en valor ditos recursos. - CONSELLO REGULADOR MEL DE GALICIA: O Consello Regulador da Indicación Xeográfica
Protexida Mel de Galicia é o organismo encargado de controlar, amparar e certificar o «Mel de Galicia», identificando esta certificación coa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que esta mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidade reflectidos no Regulamento. A zona de
produción, elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia.
A data de celebración desta Xornada Informativa vai ser a de o vindeiro día 23 de xaneiro e celebrarase no Salón de Actos del Edificio Multiusos, 3º andar de O Barco.
Para poder asistir á Xornada, poderán realizarse as inscripcións nas dependencias das entidades colaboradoras. Prazas Limitadas