Celebración do Día Mundial sen Tabaco cunha charla para escolares e unha mesa informativa

  • A Delegación Territorial da Xunta en Ourense súmase á celebración do Día Mundial sen Tabaco cunha charla para escolares e unha mesa informativa
  • A última enquisa ESTUDES confirma un descenso no consumo entre os adolescentes entre 14 e 18 anos
  • Persoal da Xefatura Territorial de Sanidade atenderá unha mesa informativa na que se realizarán cooximetrías

 

dia-sin-tabaco--aA Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a través da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, organiza un programa de actividades con motivo da celebración do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebra cada 31 de maio, co obxectivo de sensibilizar á poboación fronte ao tabaquismo, principal factor de risco en moitas enfermidades crónicas e claramente evitable.

Sanidade en Ourense, ademais de remitir circulares para a difusión desta mensaxe a concellos, centros sanitarios e docentes, vai desenvolver hoxe, no salón de actos da xefatura territorial, unha actividade de cine-fórum da película “Gracias por fumar” cos alumnos de ESO do PCI “José García García” e do CPR “A Purísima”. Analizaranse as distintas estratexias que emprega a industria tabaqueira para neutralizar os esforzos que dende a Administración sanitaria e doutras institucións se están a levar a cabo para atallar esta epidemia. Esta actividade tamén acollerá o acto de entrega do premio do concurso provincial de fotografías “Adolescentes e adiccións. Estratexias de prevención”.

Tamén se instalará unha mesa informativa no centro comercial Ponte Vella, de 10 a 12 horas, onde persoal técnico na prevención de conductas aditivas realizarán cooximetrías e trasladarán aos cidadáns información que avala que o tabaquismo é un dos principais problemas de saúde no mundo e unha das principais causas de perda de anos potenciais de vida, ademais de ser a principal causa de morte e de enfermidade evitable.

Na provincia de Ourense, dentro das actividades específicas de prevención do tabaquismo no ámbito escolar, este ano convocouse a XVI edición do concurso “Clase sen fume” na que participaron máis de 600 alumnos de 11 centros. Tamén celebrouse a actividade “Adolescentes e adiccións. Estratexias de prevención”, que contou coa participación de máis de preto de 1.900 alumnos da ESO pertencentes a 18 centros educativos.

Ademais, durante o pasado ano, dende a xefatura territorial realizáronse 858 inspeccións a establecementos para vixiar o cumprimento da normativa vixente nesta materia e tramitáronse 28 denuncias realizadas por outras administracións.

Descenso no consumo
Segundo a última enquisa ESTUDES no curso 2014-2015 confírmase o descenso continuado no consumo nos adolescentes entre 14 e 18 anos, pasando do 21 por cento de fumadores diarios, rexistrado en 2004, ao 8,9 por cento en 2015. Esta diminución non se rexistra nos maiores de 18 anos, nos que o consumo diario de tabaco segue estabilizado en valores próximos ao 30 por cento.

Este ano o lema elixido pola OMS é “Prepárate para o empaquetado neutro” que ten como finalidade darlle visibilidade a unha medida máis no enfoque integral e multisectorial do control do tabaco. O empaquetado neutro ten que acadar: a redución do atractivo dos produtos de tabaco, a restrición do uso de embalaxes como soportes de publicidade, a limitación do empaquetado e etiquetado enganoso e o aumento da eficacia das advertencias sanitarias.

También te podría gustar...