Celebración del Día Internacional do Libro en Quiroga
O Concello de Quiroga, a través da Biblioteca Pública Municipal, para conmemorar o Día Internacional do Libro ten programado para o vindeiro sábado, día 25 ás 19:00h na Casa da Cultura o espectáculo de teatro infantil e música “Merenda con Pan de Millo” a cargo de Migallas Teatro. Esta actividade está incluída no Programa de animación lectora “Ler Conta Moito” desenvolvido pola da Rede de Bibliotecas de Galicia .
Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, os xogos, as cancións e a cultura tradicional; o coidado das mascotas; coñecemento e respecto pola natureza; a alimentación saudable; a colaboración fronte á competición, etc.