CCOO Ensino Ourense denuncia ‘a burla’ de opcións de F.P. en Valdeorras, Viana e Trives e o saldo negativo na oferta na provincia para o curso 2016/17

  • 100 prazas menos que no curso 14/15 e aumento do alumnado nun 3% no mesmo período
  • CCOO Ensino denuncia ademais, que a consellería segue sen atender as necesidades de FP Básica cunha oferta insuficiente e con aumento do alumnado nun 25%

 

CCOO EnsinoTras a xuntanza do Consello Galego de FP mantida o día 13 de xuño de 2016, a consellería decidiu reducir a oferta modular no réxime de adultos no CIFP PORTOVELLO (Ourense)

Ciclo Superior (CS) de Administración e Finanzas. Desaparece en modalidade presencial e pasa a ser a distancia como xa pasara o ano pasado co CS de Educación Infantil e o CM de Atención a persoas en situación de dependencia.

CCOO Ensino manifesta o seu rechazo a eliminación destas ensinanzas, plenamente asentadas, despois de 3 anos desde a súa implantación e cun alumnado onde o 68% compatibilizaba os seus estudos co traballo. Alumnado que xá manifestou a súa disconformidade coa opción a distancia.

CCOO Ensino lembra que no curso 15/16 a consellería eliminou 2 ciclos formativos (Celanova e Xinzo de Limia) reducindo a oferta da formación profesional no rural Ourensano en 52 prazas, perda que xá e definitiva para o curso 16/17. Coa merma dos dous últimos anos a provincia conta con 140 prazas de FP presencial menos. A incorporación de dous novos ciclos formativos en Ourense e Ribadavia (44 prazas) non cubren a demanda da FP na nosa provincia, que segue aumentando ano a ano e que desde o 2009 sufriu un incremento do 30% do alumnado (un 3% nos dous últimos cursos), que non se vei compensado coas propostas da administración.

CCOO Ensino denuncia, a escasa oferta na FP Básica, ensinanzas que no curso 15-16 sufriu un aumento do alumnado do 25% respecto do curso anterior (FPBásica +PCPI).

CCOO Ensino lembra que as ensinanzas de FP Básica son de oferta obrigatoria e que a consellería debe ofrecer alternativas reais o alumnado que curse a FP Básica. O feito de engadir unha soa proposta de FP Básica en Viana do Bolo para o curso 16/17 o consideramos unha burla tendo en conta, que o ciclo de informática de oficina xa existe na Rúa e que nunhas comarcas como a de Valdeorras, Viana e Trives os alumnos só poden optar por electricidade e electrónica (Trives), mantemento de vehículos (O Barco) e informática de oficina (Viana e A Rúa)

Esta maneira de actuar non ven máis que a constatar a hipocresía da Consellería de Educación na súa «aposta pola FP», unhas ensinanzas, con crecemento exponencial nos últimos anos que contrasta coa mingua á que as somete a administración ano a ano.
CCOO Ensino apoia as mobilizacións do profesorado e alumnado do CIFP Portovello. (Concentración lunes 20 as 18:00h. Entrada edificio B, Praza Fernando Fulgosio)

 

También te podría gustar...