CCOO Ensino advirte da involución do ensino nos últimos 6 años na provincia de Ourense
A consellería de educación a remolque na implantación da LOMCE. Unha xestión, marcada pola precipitación e a improvisación. CCOO Ensino, denuncia a perda do 10% de aulas en infantil e primaria e de preto de 300 postos de traballo do ensino non universitario dende 2009 en Ourense.
CCOO Ensino, xa denunciou en 2014 a publicación do currículo de primaria no mes de setembro cando o curso xa comezara e a LOMCE se establecera para 1º, 3º e 5º de primaria.
Un ano despois, e coa implantación da LOMCE en toda a etapa de primaria no curso 15-16 a consellería segue sen regular o Reglamento Orgánico dos Centros e as distintas ordes de desenvolvemento.
O inicio de curso 15-16 en secundaria e bacharelato preséntase coas mesmas incertidumes que o ano pasado para primaria, cun currículo de ESO e BAC aprobado a finais de xuño do 2015 e unhas instruccións para determinar a organización da oferta de ESO e BAC, publicadas o 27 de xullo, a 3 días do peche dos centros polas vacacións de agosto. Accións que imposibilitan que a comunidade educativa se adapte a nova lexislación. CCOO Ensino Ourense, xa avisou da necesidade de adiar a implantación da LOMCE.
A decisión de continuar coa aplicación da nova lei, leva a remolque a esta administración educativa que se caracteriza na xestión, pola precipitación e a improvisación.
En canto os datos do ensino, CCOO Ensino Ourense, presenta informes do ensino non universitario para a provincia de Ourense no período 2009-2015. Infantil e Primaria Os datos de perda de unidades no período 2009-2015, deixa para o vindeiro curso 15-16 64 aulas e 116 postos de traballo menos que no curso 09-10. Estes datos, non poden achacarse o descenso do alumnado matriculado, xa que, aumentou lixeiramente neste período.
Analizando os datos polo miúdo, o ano 2012 pódese calificar de insólito para o ensino en Ourense, coa perda de 11 unidades de infantil, 29 unidades de primaria e 69 postos de traballo respecto o ano 2011. ESO e ensinanzas postobrigatorias O vixente curso 15-16, presentase con 3000 alumnos máis e 160 postos de traballo menos que no curso 09-10. É significativo, o aumento das ensinanzas de FP, réxime especial e Idiomas (EOI) que veñen dun período de aumento de alumnado, por riba do 200%, e que pola contra, non se viu compensado cun aumento de recursos humanos e materiais.
CCOO Ensino Ourense, pon de manifesto unha política educativa meramente economicista onde aumenta o profesorado precario (interino e substituto), que imparte, cada vez mais, materias que non son da súa especialidade. Un profesorado que no último ano aumentou en mais dun 16%.
CCOO Ensino Ourense, denuncia a hipocresía da consellería, cando fala da súa aposta pola educación en Galicia e os datos falan de obxectivos que só atenden a criterios económicos.
CCOO Ensino, solicita da consellería, un cambio no rumbo das políticas educativas, facendo fincapé, na igualdade e a equidade como piares do noso sistema educativo, cimentos, que debe ter unha educación pública e de calidade.
CCOO Ensino, considera insuficiente a recuperación da taxa de reposición de efectivos o 100% exposta polo goberno nos PXE2016, sendo necesario un plan de emprego para poder recuperar os postos de traballo perdidos nos últimos 5 anos na provincia.