CCOO e CIG: en risco o 20% da plantilla do Centro Terapéutico de Menores de Montefiz

CCOO e CIG denuncian que o procedemento de selección das entidades de xestión dos servizos, atende a criterios meramente economicistas, sen ter en conta as necesidades específicas dos usuarios do Centro.

A modificación dos criterios para a elección das entidades de xestión por parte da administración, pode levar a perda de 8 postos de traballo de persoal especializado na atención de menores (de entre 14-18 anos) con psicopatoloxías que cometeron delitos.
CIG e CCOO responsabilizan á Consellería dos posibles riscos físicos e psíquicos aos que poden quedar expostos os traballadores, se o Centro non se dota adecuadamente.

obelen_montefiz

As centrais sindicais poñen de manifesto o total desacordo coa convocatoria de selección de entidades de xestión, que vai supoñer a perda do 20% do persoal, unha merma na calidade da intervención, así como un incremento alarmante dos riscos inherentes á labor que desenvolven os traballadores do Centro de Menores de Montefiz.

CCOO e CIG reclaman que a Consellería modifique a convocatoria, atendendo a criterios que garantan que as intervencións que realizan os traballadores, repercutan positivamente nos menores, e que non poñan en perigo a integridade física e psíquica dos mesmos, tal e como o propio Valedor do Pobo lembra no seu informe do ano 2014, onde di:

“A obrigación de priorizar o investimento en mais e mellores recursos que permitan unha adecuada intervención reeducadora e socializadora nos menores que cumpren medidas de internamento».

También te podría gustar...