Cata nocturna en Margaride
- Ao carón do Camiño de Inverno
EDV 2015 S.L. celebra este sábado, 14 de agosto, cata-degustación de viño nocturna. A primeira adega da D.O. Ribeira Sacra en facer a vendima nocturna no 2018 e repetir experiencia no 2019 para o seu Godello foi a primeira en celebrar catas nocturnas.
A cita que propoñen este sábado será una mestura de viño, patrimonio, lume e maxia. Ás 21.30 comezarase con ruta guiada polos vestixios romanos de Margaride, seguida de visita á adega EDV 2015 S.L. Posteriormente seguirase paseo ata a viña onde se desenvolverá a cata-degustación baixo as estrelas. Contarase tamén coa actuación do Mago Gerardo Martínez.
A actividade farase respectando todos os protocolos da Covid19. As prazas son limitadas e teñen un prezo de 25 euros, sendo necesario inscribirse no 650 983 654 ou no 636 164 330.