Cartas al Director. Subvencións e Clubes Deportivos
Subvencións Públicas e Clubes Deportivo
É obvio que os cidadáns, temos o dereito de saber, e de preguntar as Administracións, ( incluso de investigar se os instrumentos de control non funcionan ou son pasivos ) a quén/nes se destinan os cartos públicos, e en base a qué. A miña reflexión nesta ocasión, e sobre o diñeiro que se lle entrega os Clubes deportivos.
Sirva de exemplo o que eu coñezo. O Barco de Valdeorras. Clube de atletismo que se atopa en categoría rexional ( unha soa competición o ano ). Case 1,900 euros da Xunta, 8500 euros da Deputación e 15,000 euros do Concello de O Barco para o exercicio 2015. (Información recollida do BOP, DOGA, e desde o Concello ) Prácticamente 26,000 euros. Iso sen tocar os ingresos privados que non son do noso interés, e sen entrar en cuestión éticas de diferente índole. Por certo. A Escola de Atletismo do pobo é independente. O que plantexo e moi doado: Son os veciños do Municipio” X “ , coñecedores dos cartos que se lles entrega os seus clubes. Son proporcionais. Existe un control, sobre o uso e destino distes cartos. Son entes democráticos. Temos coñecemento dos gastos, ingresos, movementos bancarios, e persoa ou persoas que teñen acceso as contas. Faise un uso indebido deles. Benefícianse os deportistas, do pobo ou da Bisbarra. Son correctos os libros de actas, o que se recolle nas sesións, e as aprobacións polos socios, no caso que os haxa; ou fanse daquel xeito. Istes son reais, ou existen clubes, chamémoslle, de dominio e control unipersonal. ¿Cuántos anos levan así? Hai transparencia. ¿Por qué a unhos tanto e a outros tan pouco ? Isto é promoción do deporte ou é outra cousa. Atende a criterios obxetivos. As Concellerías, Comisións, Axencias Tributarias ou Ministerio Fiscal exercen o control. Ou só funciona o Sistema, previa denuncia cidadán. En base o exposto , son moitos os interrogantes que se formulan, e que calquer veciño alá onde viva , deberíase plantexar, reflexionar,e esixir unha aclaración, sobre as cantidades que se aproban, o destino que se lles da os nosos cartos , quén os manexa, e o seu bo ou mal uso.
Gracias. Unha aperta. Domínguez de la Maza-Madrazo, Javier V