Carballeda e A Rúa disfrutaron neste ano de axudas da Deputación para atención a infancia

Señal de A RuaCarballeda e A Rúa disfrutaron neste ano de axudas da Deputación para atención a infancia.

A Deputación de Ourense volverá a convocar este ano o programa provincial de asistencia aos concellos e mancomunidades para a xestión de puntos de atención á infancia e outros servizos complementarios.

O orzamento inicial serán de 200.000 euros dos que 140.000 distribuiranse entre os concellos que conten con un Punto de Atención á Infancia de titularidade municipal como foi neste ano o caso de Carballeda.

Os outros 60.000 son para os concellos que desarolen funcións de atención e coidado dos nenos entre 3 y 11 anos para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, sobre todo en actividades extraescolares. Ese foi o caso do concello de A Rúa.

Ámbolos dous concellos teñen pensado presentarse ás axudas deste ano 2015 tendo moito probabilidade de que lles sexan concedidas de novo.

 

También te podría gustar...