Carballeda de Valdeorras terá un novo hotel
O Concello de Carballeda de Valdeorras terá en breve listo un establecimiento hoteleiro de titularidade pública.
O antigo hotel rural ‘Fonte da Cova’, inaugurado en 2007 e pechado este mesmo ano tras abandoala súa explotación a anterior arrendataria, estaría novamente operativo pra finales de este mesmo ano, en canto se remate a remodelación que leva facendo dende o pasado mes de maio o seu novo explotador, o hosteleiro Antonio Rodríguez Arias.
En abril pasado, o consistorio deste concello cedía a explotación en arrendamento do antigo ‘Fonte de Cova’ a este empresario, conocido no municipio por gestionar tamén as piscinas municipaie e mais o restaurante-bar ‘Parra’.
Antonio Rodríguez operará agora o establecimiento como ‘Hostelería de Trevinca‘.
O periodo de explotación será por cinco anos, prorrogable por outros cinco. O arrendatario comprometese a realizar cada ano obras de mellora e adecuación no establecimiento, por valor de 12.000 € (incluido IVA).
A ‘Hostelería de Trevinca’ ubícase aos pés do macizo de Pena Trevinca, a 1.800 metros sobre o nivel do mar e contará con 20 habitacións, así como 70 literas e servizo de restaurante, especializandose en actividades de montaña. Este complexo es o único inmoble con capacidade hoteleira do municipio galego de Carballeda de Valdeorras.