Cantos de taberna na Pobra de Trives

  • Este sábado 26 de novembro a vila goza dun ambiente de festa con 9 agrupacións que levan música e cantos tradicionais aos bares

Xuntanza grupos participantes nos Cantos de Taberna (verán 2022)

 

A Asociación Cultural A Caniceira, unha das máis activas do Concello da Pobra de Trives, está a organizar este sábado xunto co grupo As Macizas Centrais, unha xornada de Cantos de Taberna que comezou xa ás 12:30 h. cunha sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas.

Será xa a XV Edición deste evento que ambienta a noite trivesa polos bares da localidade con música e cantos tradicionais galegos.

Ás 18:30 h. empezarán a xuntarse os grupos convidados, que este ano son nove, catro deles do Concello da Pobra de Trives. Como anfitrións, logo, estarán ‘Sómosche d’herbas, Rondalla Esmorga, San Nordés e As Macizas Centrais; e de fóra chegan: Os Catrofobias (Manzaneda), O Recanto (Quiroga), A Papuxa (Vigo), Os Trabazos (Castro Caldelas) e Abertal (A Rúa).

E xa ás 19:00 h. empezarán a repartirse polos bares participantes que son o Sky, Boliche, Bodegón, Manolo’s, A Cantina, Paiño, Quintela, Panadería María, Cafeto e San Martín. Cada grupo tocará 30 minutos en cada local e correrá 4 ou 5 bares.

También te podría gustar...