Campaña informativa sobre reciclaxe e separación de residuos en Monforte

  • A campaña informativa, desenvolverase dende hoxe ata o 18 de decembro e consistirá no reparto de información directa ó cidadán, a través de carpas informativas ubicadas en distintos puntos de Monforte, de pancartas colocadas nas principais entradas da cidade, así como unha campaña de difusión nos medios de comunicación monfortinos
  • “Baixo o lema Cada cousa…no seu sitio, o noso obxectivo”, sinala o Alcalde, é “informar ós nosos veciños e veciñas sobre as claves para que poidan levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos seus fogares”

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer o inicio da campaña de información sobre a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida a todos os monfortinos e monfortinas, que está organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Monforte.

“Baixo o lema Cada cousa…no seu sitio, o noso obxectivo”, sinala o Alcalde, é “informar ós nosos veciños e veciñas sobre as claves para que poidan levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos seus  fogares”.

A campaña, que da comezo hoxe ata o vindeiro 18 de decembro ten por obxectivo informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar.

Dese xeito, a través desta campaña o Concello repartirá de folletos informativos, no que se explicarán as diferentes fraccións a reciclar, así como os teléfonos de contacto e horarios de apertura do punto limpo de Monforte.

A campaña informativa busca tratar de mellorar os ratios de reciclaxe de todas as fraccións recollidas de forma selectiva, ben sexan envases, papel/cartón e vidro, xunto con outros residuos que se recollen de forma separada, como son os mobles e enseres, aceite e roupa usada.

Tamén se trata de fomentar o uso do punto limpo, tratando de eliminar os vertidos incontrolados que se producen de forma periódica en diferentes puntos do Concello.

 

Para o reparto da información, ubicarase un stand informativo nos puntos de maior tránsito peonil da cidade:

En novembro:

  • Luns 21: Campo de San Antonio, de 10 a 12 h; Praza da Estación, de 12 a 14 h.
  • Martes 22: Rúa Cardenal, de 10 a 13 h.
  • Mércores 23: Praza de Abastos, de 10 a 13 h.

E en decembro:

  • Luns 19: Campo de San Antonio, de 10 a 12 h; Praza da Estación, de 12 a 14 h.
  • Martes 20: Rúa Cardenal, de 10 a 13 h.
  • Mércores 21: Praza de Abastos, de 10 a 13 h.

 

A campaña tamén terá unha presencia destacada en prensa e radio, a través dunha campaña publicitaria, coa publicación de anuncios e cuñas publicitarias nos diferentes medios de Monforte.

Esta acción informativa incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Colector verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

También te podría gustar...