Campaña de erradicación da mutilación xenital feminina
- A Xunta colabora na difusión da campaña de erradicación da mutilación xenital feminina
- A ONG Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade pon en marcha un Concurso de Ilustración co fin de visibilizar ante a sociedade esta discriminación
- O pasado 6 de febreiro foi o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina
A Secretaria Xeral da Igualdade colabora coa difusión do concurso de Ilustración da “Campaña de Erradicación da Mutilación Xenital Feminina posta en marcha pola ONG Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade.
O pasado 6 de febreiro foi o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina, e por iso a ONG pon en marcha o Concurso para facer visible á sociedade española desta discriminación, vulneración de dereitos e violencia contra a muller, que sofren actualmente 140 mulleres e nenas en todo o mundo.
A ONG Confederación Mulleres en Igualdade é de ámbito nacional e procura a protección dos dereitos da muller, especialmente das mulleres vítimas de violencia de xénero. No ano 2014, editaron o Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina: Boas Prácticas, que este mesmo ano vaise actualizan e reeditan con 8.000 exemplares, e traducido ao inglés e francés cun total de 6.000 exemplares máis.
As bases do Concurso poden descargarse na http://www.mujeresenigualdad.com/Concurso-de-Ilustracion_es_174_1680_0_148.html, e a data de entrega remata o vindeiro 14 de abril.