Campaña de compostaxe doméstica en Bóveda
O Concello de Bóveda instalou o 31 de outubro na Praza do Concello, de 10:30 a 13:00 horas, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica puideran informarse e inscribirse.
A campaña está ideada para a participación de 50 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro, que recibirán de forma totalmente gratuíta.
A carpa estará instalada de novo na Feira en Rubián o día 14 de novembro.
As persoas interesadas en formar parte deste proxecto poden anotarse no Concello de Bóveda.