Campaña de bookcrossing no «Día do Libro», 2.000 libros distribuídos polos parques de Ourense
- A Deputación distribúe en parques de Ourense 2.000 libros nunha campaña de bookcrossing no «Día do Libro»
- As obras postas a disposición dos cidadáns, un total de 60 títulos, corresponden a autores como Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Conde, Marcos Valcárcel, Xose Luís Méndez Ferrín, Alonso Montero, Manuel Luis Acuña e Pura Vázquez, entre outros
- Manuel Baltar dixo que nesta data «destacamos aos creadores literarios ourensáns para que os cidadáns da capital e os dos 92 concellos da provincia compartamos cultura e leamos, falemos e escribamos sobre o noso, algo que nos fará máis grandes»
A Deputación de Ourense celebra hoxe o Día Mundial do Libro cunha actividade de bookcrossing, que consiste en depositar libros en parques e outros lugares públicos da capital e da provincia de Ourense para os recollan os lectores, os lean, e os deixen posteriormente nun lugar público a disposición doutros lectores. Un total de 2.000 obras literarias de autores galegos dos ámbitos da narrativa, fotografía, poesía, arte, historia, etnografía e narrativa infantil e xuvenil poñeranse en circulación gratuitamente para promover a lectura e os valores culturais, e sensibilizar sobre a importancia do libro como vehículo transmisor de coñecemento e cultura.
As obras, que pertencen aos fondos editoriais e bibliográficos da Deputación, figuran fóra da canle de venta habitual, e corresponden a autores como Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Conde, Marcos Valcárcel, Xose Luís Méndez Ferrín, Alonso Montero, Manuel Luis Acuña e Pura Vázquez, entre outros, ata completar un total de 60 titulos.
O acto de presentación da campaña tivo lugar esta mañá nos Jardinillos do Padre Feijoo, na capital ourensá, e contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; deputados e autoridades provinciais e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, coordinador da iniciativa.
«O obxectivo é poñer en valor o libro, os nosos escritores e os dereitos de autor, e promover a lectura, nunha provincia esencialmente literaria e cultural, na que se publicou o primeiro libro de Galicia, o Misal Auriense, e que este ano terá un destacado protagonismo no mundo coa organización do Congreso do PEN Internacional», dixo Manuel Baltar. O presidente do goberno provincial afirmou que se trata «de destacar nesta data aos creadores literarios ourensáns para que os cidadáns da capital e os dos 92 concellos da provincia compartamos cultura e leamos, falemos e escribamos sobre o noso, algo que, sen dúbida, nos fará máis grandes».
A Deputación de Ourense pon a disposición de cada concello da provincia un lote de libros e carteis para que poidan participar nesta campaña, que comeza hoxe e remata o vindeiro 8 de maio. Na cidade de Ourense, ademais do Centro Cultural «Marcos Valcárcel», deixaranse libros en diferentes parque públicos como o Xardín do Posío, Alameda, Parque de San Lázaro, Parque Barbaña, Parque da Ponte, Alameda do Cruceiro, Parque das Mercedes, Parque «Angelita Varela» e Praza da Marina.
Relación de libros da campaña de Bookcrossing da Deputación de Ourense:
1. El Seminario de Ourense – Enrique Bande Rodríguez
2. A ollada do desexo – Eduardo Blanco Amor
3. La perdida historia del monasterio de Osera – Ernesto Fernández
4. En el límite de la escritura – Armando López Castro
5. Pájaro y enigma – Armando López Castro
6. Escolma de poemas – Eladio Rodríguez González
7. Edras do vento – Pura Vázquez
8. Una historia del arte universal – Ramón Otero Pedrayo
9. Radiografía ambiental de Galicia – Francisco Peña
10. Crónicas dunha rúa – Arturo L. R.-Vispo Rodríguez
11. San Rosendo, a súa vida e a súa obra – Enrique Bande Rodríguez
12. Chamoso Lamas – Enrique Bande Rodríguez
13. Alexandre Bóveda – Enrique Bande Rodríguez
14. Xaquín Lorenzo, Xocas – Enrique Bande Rodríguez
15. Antoloxía – Celso Emilio Ferreiro
16. Trilogía interior – Manuel Fernández Santamaría
17. Firgoas – Manuel Luis Acuña
18. Nimbos – Xosé María Díaz Castro
19. Autores ourensáns no Día das Letras Galegas – Mercedes Pacheco Vázquez
20. Archivos de la memoria y el mar – Miguel Mosquera Paans
21. Institucións docentes e grandes mestres en Ourense – Enrique Bande.
22. Aquellas estrellas de nuestra vida – Abelardo Gabriel
23. 180 años de historia provincial – Deputación Provincial de Ourense
24. A grande aventura do libro – Deputación Provincial de Ourense
25. Longa noite de pedra/Larga noche de piedra – Celso Emilio Ferreiro
26. Teoría de Galicia – Ramón Otero Pedrayo
27. A palabra máxica – Deputación Provincial de Ourense
28. Ensaios e artigos – Albino Núñez
29. Relacións Igrexa-Estado – José Agustín González
30. Ben-Cho-Shey – Xesús Alonso Montero
31. Ausencias, soños e rebeldías – Xosé Conde
32. Os sulcos e os ventos de Alvaro – José Luis Casas
33. Falas secretas – Jorge Rodríguez Gomes
34. Voz e voto – Varios autores
35. Volumen Apropiado. Pablo Gargallo, Ramón Acín e Pablo Serrano
36. Terra de Frieiras. Eligio Rivas e José Ramón Cruz
37. Reflexarte. Reflexarte
38 Xavier Pousa en Ourense. Xavier Pousa
39 Autorretratos de Mónica Ortuzar. Mónica Ortuzar
40 Bahón. Á Segunda vai a vencida
41 Acisclos. Acisclo Manzano «Colección» /Acisclo Novo
42 Alex Vázquez. Como ó aire se pinta a si mismo.
43 Arturo Andrade. A madeira antes do son
44 Moncho Borrajo 25 años. Moncho Borrajo
45 Xose Luis Méndez Ferrin. Méndez Ferrin
46 Jesús Costa. Migración
47 Zona de Exclusión. Zona de exclusao
48 Carlos G. Villar e Baldo Ramos. Onde beben os cervos que amansou o calígrafo
49 Arturo Baltar. Antoloxia
51 Alfonso Biokondoa. Espindo nenúfares sobre a pel dun tigre.
52 Luis Gabotto. Grafitos, tintas acuarelas
53 Cochorro. Punto de partida
54 Manuel Vidal. Nacer e vivir no Camiño de Santiago
55 Marcos Valcárcel. O Valor da xenerosidade
56 Mostra de Mestres Pintores. II Mostra Mestres Pintores.
57 Henrique Silva. Henrique Silva
58 Ocaña Martínez. Rudesindus
59 Luis Vecino e Ángel Soldevilla. Diálogos
60 Autores Ourensáns no Dia das Letras Galegas