Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte: éxito da primeira quenda
- Finaliza con éxito a primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte
- A primeira quenda, celebrada dende o día 13 ata hoxe, 24 de xullo, contou coa participación de 72 nenos e nenas que disfrutaron de 10 días de intensa actividade
- Xa está todo listo para o inicio da segunda quenda, que dará comezo este luns 27 de xullo e ata o 7 de agosto, con 47 inscritos
- O Alcalde, José Tomé Roca, informa que aínda quedan prazas libres para matricularse na terceira quenda do Campamento que terá lugar entre o 10 e o 21 de agosto. A data límite para inscribirse é o 6 de agosto
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fai un balance positivo do que foi a primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello e que finaliza hoxe venres 24 de xullo.
“Foron 10 días de intensa actividade nos que os 72 nenos e nenas matriculados desfrutaron dun programa lúdico e deportivo moi amplo, e que contou ademais cun protocolo específico de prevención do COVID-19, o que fixo que as actividades se celebraran con total seguridade e normalidade, e que non se producira ningunha incidencia”, sinalou o Alcalde.
Tras a finalización desta primeira quenda do Campamento de Verán, o vindeiro luns día 27 de xullo tócalle o turno ós 47 nenos e nenas matriculados na segunda quenda, que se desenvolverá ata o venres 7 de agosto.
Ó igual que na primeira quenda, o Concello ven de colgar na súa páxina web (http://www.monfortedelemos.es/gl/node/4853) diferentes documentos de interese que poden ser descargados para que os participantes na segunda quenda do Campamento Deportivo de Verán coñezan todos os aspectos relativos ó desenvolvemento da mesma, especialmente o protocolo de seguridade que se pon en marcha ante o Covid-19:
- A composición de cada un dos grupos e a instalación asignada.
- A programación de actividades da segunda quenda.
- Horarios do servizo de transporte.
- Protocolo de prevención do COVID-19 establecido.
- As normas e recomendacións de participación no Campamento.
Por outra banda, o Alcalde tamén informou de que aínda quedan prazas libres para matricularse na terceira quenda do Campamento que terá lugar entre o 10 e o 21 de agosto.
As persoas interesadas en matricularse poderano facer a través da Oficina Municipal de Deportes, sita nas Casiñas da Compañía, ou ben enviando por correo electrónico ó enderezo deportes@concellodemonforte.com o formulario de matricula que tamén se pode descargar a través da páxina web do Concello.
A data límite para realizar a matrícula na terceira quenda é o xoves 6 de agosto.
O Alcalde, concluíu resaltando “que dende o Concello agardamos o éxito acadado nesta primeira quenda do Campamento se faga extensivo na nova quenda que da comezo este luns, na que seguiremos extremando as medidas de seguridade e hixiene ante o Coronavirus, para que todos os nenos e nenas participantes poidan disfrutar con seguridade dun variado número de actividades, tanto deportivas coma excursións e obradoiros, e poidan así poidan gozar dunhas vacacións activas practicando actividades lúdicas de xeito saudable”.