Camiño das Covas en O Castro: unha festa de viño, pinchos e música

  • Será o 2 de xullo e iste ano está adicado a Pedro Núñez, un dos coveiros que impulsou a festa e que morreu hai un ano
Vista de O Barco dende O Castro

Vista de O Barco dende O Castro

 

O próximo 2 de xullo, as covas de O Castro abriránse ao público para a celebración do 11ª edición do  Camiño das Covas.

A celebración comenzará ás 19,00 horas e brindará pinchos en todas as covas abertas. A partir das 23,00 horas, a festa continuará na praza do Castro, coa actuación do grupo musical “Os Brothers”.

Unha rúa de O Castro

Unha rúa de O Castro

 

Esta edición da festa celebrarase en memoria de Pedro Núñez Moldes, un dos coveiros que impulsou o nacemento e o crecemento desta festa en O  Castro, que finou de xeito repentino unhas semanas antes da celebración do Camiño das Covas do ano 2015, razón pola que foi suspendida no seu momento.

A entrada costa 10 euros por persoa para os adultos e 3, para nenos de ata 12 anos. O prezo inclúe unha cunca conmemorativa e posibilidade de degustar viño (o auga) acompañado de pinchos (queixo, lacón, empanada e chourizo, entre outros).

Torre de O Castro

Torre de O Castro

A organización fai un chamamento á responsabilidade dos participantes, de modo que “si toman viño,  que non collan o coche, e mellor que vaian andando ou en taxi”. Precisamente, haberá un servicio de radio taxi  na ruta. “Para chamar a un taxi hai que facelo o número 988 307 317”, cita a organización.

Fonte-mirador de O Castro

Fonte-mirador de O Castro

 

O Camiño das Covas está organizado pola Agrupación de Bodegueros de O Castro e o Concello de  O Barco.

Esta cita cas covas é unha oportunidade para visitar os fermosos rincóns, patrimonio e paisaxe que brinda a vila de O Castro.

Pazo de O Castro

Pazo de O Castro

 

También te podría gustar...