Bóveda programa diversas actividades co motivo do 25N
- O Concello de Bóveda programa diversas actividades dirixidas a diferentes colectivos para amosar o seu rexeitamento á violencia machista co motivo do 25N
- Do 25 ao 30 de novembro farase un reparto de bolsas por todos os domicilios baixo o lema ‘Non á violencia de xénero’ para concienciar sobre esta problemática
O Concello de Bóveda programa diversas actividades dirixidas a diferentes colectivos para amosar o seu rexeitamento á violencia machista con motivo do 25N. A programación desenvolverase no Centro Sociocultural.
A primeira delas levarase a cabo o martes 23 ás 11:00 horas coa exposición e audiovisuais ‘Micromachismo’ destinada ás persoas con diversidade funcional da residencia e aberta a todas as persoas que desexen visitala.
Do 25 ao 30 de novembro levarase a cabo un reparto de bolsas por todos os domicilios de Bóveda co lema ‘Non á violencia de xénero’ coa fin de sensibilizar sobre esta problemática.
O xoves día 25 ás 11:00 horas o CEIP Rosalía de Castro participará no obradoiro ‘As mulleres que nos constrúen’.
O domingo 28 ás 18:30 horas Tarabela Teatro porá en escena o seu espectáculo ‘Tabú’, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, O Morrazo, O Courel, A Mariña lucense a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. A obra está dirixida a maiores de 13 anos.
O 17 de decembro ás 12:00 horas o alumnado de 5º e 6º de primaria participará no obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta ‘Violencia de xénero no novo contexto dixital’.
As actividades, que organiza o Concello de Bóveda, están financiadas polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.