Bota a andar o obradoiro dual de emprego Sillor IX

Hoxe tivo lugar a presentación do obradoiro de emprego Sillor IX que este ano promove o Concello de Folgoso do Courel e no que participan ademais os municipios de Quiroga e Ribas de Sil.
 
 
Un total de 20 alumnos/as traballadores/as recibirán formación profesional durante doce meses a xornada completa.
 
No caso concreto de Folgoso do Courel, o obradoiro dual de emprego formará a 6 alumnos/as traballadores/as na especialidade de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.
 
A alcaldesa de Folgoso do Courel, Loa Castro, agradece a presenza na presentación da xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pilar Fernández, nun acto no que tamén participaron representantes dos Concellos de Quiroga e Ribas de Sil. En concreto, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de Ribas de Sil Roberto Castro.
 

También te podría gustar...