Bolsas ‘Ourense Líder’, aberto o prazo para prácticas en empresas de EEUU
- A Deputación abriu o prazo de solicitude das bolsas «Ourense Líder», para prácticas en empresas de EEUU
- A convocatoria vai dirixida a titulados universitarios menores de 30 anos que estean empadroados nalgún concello da provincia de Ourense
A Deputación de Ourense abriu o prazo de solicitude das bolsas do programa «Ourense Líder», para prácticas en empresas de Estados Unidos. A convocatoria vai dirixida a xóvenes titulados universitarios que estean empadroados nalgún concello da provincia de Ourense, que teñan menos de 30 anos e que obtiveran a titulación entre os años 2013 e 2016.
O programa «Ourense Líder» é unha iniciativa do goberno provincial, en colaboración coa Fundación Advanced Leadership, que ten como finalidade a concesión de sete bolsas individuais para estancias e prácticas laborais en USA, «co obxectivo de que os bolseiros adquiran coñecementos e cualificacións, e desenvolvan aptitudes e competencias persoais e profesionais para aplicalas aos ámbitos laborais da súa formación», explica Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.
Os beneficiarios deberán ter tamén un nivel do idioma inglés acreditado de aló menos un B2 ou equivalente, segundo o Marco Común europea de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación (MCERL), e que non teñan sido beneficiarios dunha bolsa de mobilidade da Deputación de Ourense en anos anteriores.
A bolsa cubre os seguintes aspectos: custes de desprazamento de ida e volta en avión; prácticas laborais nunha empresa seleccionada segundo o perfil académico e profesional de cada beneficiario; titoría de prácticas laborais no país de destino durante o tempo de estancia; custes de aloxamento; seguro de enfermidade e accidentes, e xestión do visado necesario para realizar as prácticas nos Estados Unidos.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 18 de maio, a través da dirección de Internet http:// lider.depourense.es/, espazo web no que tamén se poden consultar as bases reguladoras da convocatoria e toda a información referida a este programa.