Bolsa Internacional de Fotografía ‘Pintor de Castinandi’

  • O Concello de Sober a convoca  
  • A persoa seleccionada poderá asistir de maneira gratuíta ao taller de verán de fotografía: ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo, Paulo Nozolino na Casa Grande de Rosende entre o 3 e o 8 de xullo

 

O  Concello de Sober convoca a Bolsa Cultural Internacional ‘Pintor de  Castinandi’ para o verán 2022 cuxo obxectivo é impulsar crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal dun fotógrafo/a. A persoa seleccionada poderá asistir de maneira gratuíta ao taller de verán de fotografía: ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo, Paulo Nozolino na Casa Grande de Rosende entre o 3 e o 8 de xullo.

Que é a beca cultural internacional ‘Pintor de Castinandi’?

Son formacións culturais internacionais destinadas a mozos e mozas de ata 30 anos convocadas, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural A Plantación a través de Talleres de Verán. Nesta  ocasión a bolsa ten un valor de 780 euros.

Mediante esta convocatoria o Concello de Sober busca a unha persoa moza con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:

Mozos e mozas universitarios, de Escolas Superiores de Arte e de Estudos Artísticos de Ciclos Superiores de Formación Profesional, que queiran aumentar os seus coñecementos.

Menores de 30 anos que finalizasen algún dos estudos mencionados anteriormente (a titulación debe estar homologada).

Os proxectos fotográficos presentados serán avaliados por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes. A temática é libre.

Quen pode participar?

1.A beca está dirixida a persoas estudantes de fotografía ou que terminaron os seus estudos de fotografía de ata 30 anos, interesados en ampliar a súa formación.

(Entendemos estudantes de fotografía de: Ciclos Superiores de Fotografía en escolas de Arte, Estudos de Fotografía da rama de imaxe en Formación  Profesional, estudantes de Grao en Belas Artes e Deseño Gráfico. A titulación debe ser homologada).

  1. Contar cun proxecto orixinal e persoal.
  2. O proxecto debe estar presentado en galego ou en castelán.
  3. A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 20 de xuño de 2022 ás 00:00 horas, ao día 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas (hora de España).
  4. Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF co teu nome e apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.

Debe conter: 

4.1 Ata un máximo de 5 fotografías cunha única unidade temática, con absoluta liberdade tanto na técnica utilizada como no tema elixido para a serie.

O número de píxeles no lado maior será ao redor de 2000. Cada imaxe deberá ir identificada co nome do autor e numerada: Ex. Ana García 001.

 4.2 Texto explicativo que resuma o proxecto. Que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.

  4.3 Carta de intencións (motivo polo cal se solicita a bolsa).

  4.4 Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

  1. O proxecto gañador, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial (do 3 ao 8 de xullo de 2022) no Taller de Verán que levará a cabo na Casa Grande de Rosende en Sober.

https:// laplantacion. info/2022/02/08/ paulo- nozolino-xullo-2022-taller-de-verán-presencial- fotografia/

 

O 28 de xuño coñecerase á persoa beneficiaria da beca.

También te podría gustar...