BNG Valdeorras: «A mellor inversión sanitaria que podemos facer en Galicia e cambiar de goberno»
- Reposta do BNG Valdeorras a unha nota informativa da Consellería de Sanidade publicada o 23 de agosto
BNG Valdeorras
Nota informativa da Consellería de Sanidade onde tras comparar o orzamento sanitario consolidado dos anos 2013 ao 2015 vén dicir, en contra do CES que no ano 2015 incrementouse o orzamento sanitario en máis de 11 millóns de € con respecto ao 2014 e logo fanse xogos porcentuais para despistar un pouco e dar a sensación de que crecemos.
A trampa de todo isto ven a ser o presuposto comparado de só dous anos, pois se en vez de comparar o 2015 co 2014 o fai co 2013 hai un recorte en sanidade de máis de 9 millos de €, e, atentos a isto: se en vez de comparalo co 2014 o compara co 2012 hai un recorte en sanidade de máis de 120 millos de € e si en vez de ser co 2012 faino co 2011 o recorte en sanidade sería de mais de 130 millóns de €. En definitiva se proxectamos o presuposto de 2011 os 5 anos revisados e o comparamos co real vemos que habería un recorte de máis de 430 millóns de €. Algo moi lonxe do necesario para andar presumindo por aí.
Por outra parte os presupostos fanse para prevendo un gasto acadar un fin. Fin que neste caso é unha asistencia sanitaria pública de calidade, moderna e rápida; cousa que evidentemente esta consellería non acadou pois as súas listas de espera disparáronse de tal forma que nin mentindo as disimulan en provincias como por exemplo Ourense.
A mellor inversión sanitaria que podemos facer en Galicia e cambiar de goberno o dia 25 de setembro. Cousa por certo que cada vez está mais cerca de ser unha realidade. Polo BNG non deixará de sela.