BICO DOCE ‘denuncia’ a situación da pediatría en Viana
- Novo atropelo aos dereitos das nenas e os nenos de Viana do Bolo pola administración sanitaria
- Deixan de tramitar as reclamacións feitas polas familias
- A Asociación de Lactancia e Crianza de Viana do Bolo BICO DOCE denuncia que lle comunican dende o centro de saúde a paralización de denuncias feitas polas familias da vila pola situación do servizo de pediatría
A recén creada asociación Bico Doce, asociación de apoio á lactancia materna e crianza respetuosa de Viana do Bolo, está levando a cabo unha campaña de denuncia e sensibilización sobre a situación que sufre o servicio de pediatría da vila, e quere denunciar que desde o centro de saúde lle comunican a paralización das denuncias efectuadas polas familias ata que non cubran un posto de auxiliar para a súa tramitación. Calculamos que foron máis de 50 as reclamacións paralizadas e só constan 10 prsentadas no SERGAS.
Ainda que entendemos que esto se debe a un déficit de persoal no centro (co que sempre contamos ca súa colaboración), a receoción da entrada das queixas non pode verse afectada ata o extremo de non admitilas e entendemos que se trata dunha decisión “noutras esferas”.
Dende BICO DOCE queremos denunciar esta ilegalidade e atropelo aos dereitos das familias de Viana e animamos á poboación a seguilas presentando polo rexistro do Concello (nós lle facilitamos os impresos) dadas as trabas postas pola administración sanitaria.
Bico Doce, Asociación de apoio á lactancia materna e á crianza respetuosa de Viana do Bolo.