Belén da Casa da Cultura de Monforte
- A Concelleira de Cultura inaugurou o Belén que acolle a Casa da Cultura de Monforte este Nadal
Na tarde de onte a Concelleira de Cultura, Marina Doutón inaugurou o Belén que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto.
O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar, dende o hoxe 22 de decembro e ata o ó 10 de xaneiro de 2022, e sempre atendendo ás medidas de seguridade e aforos determinadas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19.
Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, Herodes, comerciantes, soldados romanos…
Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, o portal do nacemento,…
A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.
O Alcalde e o seu Equipo de Goberno convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, sempre cumprindo coas medidas de distanciamento social e hixiene ante o Coronavirus.