Axudas por 550.000 euros a 11 concellos, entre eles O Barco de Valdeorras, para poñer en marcha espazos activos de emprendemento comercial no rural galego

  • O DOG publica as axudas a concellos para poñer en marcha espazos activos de emprendemento comercial no rural galego
  • Un total de 11 municipios de menos de 20.000 habitantes instalarán áreas para que os emprendedores exerzan a súa actividade comercial
  • Estes Espazos localizaranse tanto nos mercados de abastos como noutro tipo de instalacións
  • Os comerciantes interesados recibirán formación e asesoramento en eidos como o visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar hoxe a resolución pola que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas, por un importe global de preto de 550.000 euros, a 11 concellos galegos de menos de 20.000 habitantes para que poñan en marcha Espazos Activos de emprendemento comercial no rural co obxectivo de contribuír á creación de emprego e a fixación de poboación no rural galego.

A resolución da convocatoria inclúe axudas para a posta en marcha e adecuación de instalacións de uso comercial co fin de habilitar espazos de emprendemento comercial nos municipios de Mondariz, O Grove, O Porriño, As Neves e Cambados (Pontevedra); Bande, Vilamarín e O Barco de Valdeorras (Ourense); Cervo e Portomarín (Lugo); e Mugardos
(A Coruña). Nestes novos proxectos primouse a incorporación dun maior número de puntos de venda, a adaptación de medidas de Responsabilidade Social Empresarial, a utilización de novas tecnoloxías ou a supresión de barreiras arquitectónicas, ademais da incorporación de enerxías alternativas, así como a reciclaxe ou a eliminación de residuos.

Ademais, os concellos deberán desenvolver, entre os comerciantes interesados, actuacións de difusión, asesoramento e formación dirixidas ás persoas interesadas na iniciativa, contemplando aspectos como o aumento da rendibilidade do posto de venda con técnicas de visual merchandising, a colocación do produto e a atención ao cliente. Nestes espazos, que poderán localizarse tanto en prazas de abastos como noutro tipo de instalacións e que contarán cunha sinalización específica, poderá establecerse calquera actividade comercial polo miúdo para fomentar a variedade comercial.

 

También te podría gustar...