Axudas PAC: amplíase o prazo ata o 15 de xuño

  • O prazo para tramitar as axudas da PAC 2016-2017 amplíase ata o vindeiro 15 de xuño
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) polo que se amplía ata o vindeiro día 15 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse das axudas da PAC

antiguo-tractor-abandonado,-naufragio,-tractor-en-el-campo,-nubes-170372Esta resolución publícase consonte a Orde do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente pola que se modifican, para o ano 2016, diversos prazos establecidos para este tipo de pagamentos. En total, en Galicia son máis de 33.000 os beneficiarios das axudas da PAC.

Esta campaña da PAC 2016-2017 suporá un investimento de fondos europeos no rural galego próximo aos 190 millóns de euros. Estas achegas proceden dos pagamentos directos da PAC (Fondo Europeo de Garantía, FEAGA) e das medidas agroambientais de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).

 

También te podría gustar...