Axudas a asociacións de pais e nais de alumnos de centros de educación especial

  • A Xunta concede axudas a asociacións de pais e nais de alumnos de centros de educación especial
  • A Consellería de Cultura e Educación destinou a este concepto 73.674 euros
  • O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a gastos de xestión, material e mantemento das instalacións das confederacións, federacións e ANPAs de centros de educación especial

 

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016. Un total de 34 entidades beneficiáronse desta convocatoria, á que se destina un orzamento de 73.674 euros.

Esta iniciativa ten por obxecto reforzar o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa atención á diversidade, nun sistema educativo, o galego, que é segundo os últimos indicadores o máis inclusivo de todo o Estado español.

Segundo pode consultarse na orde (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160915/AnuncioG0164-080916-0001_gl.html ), os importes das axudas oscilan entre os 910 e os 9.831 euros, e van destinadas á realización de actividades como a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións.
Por provincias, as entidades beneficiadas na da Coruña son CONFAPA (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos. A Coruña), CONGAPA (Confederación Galega de APAS. A Coruña), Confederación ANPAS galegas (Santiago de Compostela), Federación provincial de APAS de centros públicos (A Coruña), FAPA Federación provincial de ANPAS privados (A Coruña), Federación Centros Públicos A Costa da Morte (A Laracha), FAPA Federación comarcal Concepción Arenal (Ferrol), Federación centros públicos Compostela, FECAPA (Federación Central de APAS. Santiago de Compostela), APACE ASPANAES Castro Elviña (A Coruña), APA CEE Ntra. Sra. del Rosario (A Coruña), ANPA CEE María Mariño (A Coruña), APA CEE Terra de Ferrol (Ferrol), ANPA CEE Amicos (Ribeira), ANPA Móvete CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela), e ANPA A Barcia (Santiago de Compostela).

Na provincia de Lugo reciben axuda FAPACEL (Federación Provincial de APAS de centros públicos de Lugo) e FAPALUGO (Federación APAS provincial Lugo); mentres que na de Ourense terana a Federación provincial de APAS de centros públicos As Burgas (Ourense), a ANPA CEE Ilustre Mestre (Ourense) e a ANPA CEE O Pino (Ourense).

No caso da provincia de Pontevedra as entidades beneficiadas son Federación Estradense FESANPAS (A Estrada), Federación Olívica Foanpas de Vigo, Federación APAS do Suroeste SURGAPA (Vigo), ANPA CEE Joaquina Sobrino (A Guarda), APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María (Nigrán), APA CEE Santísimo Cristo del Amor – ACEESCA (O Porriño), APA CEE Juan XIII (Pontevedra), APA CEE Menela (Vigo), APA CEE Saladino Cortizo (Vigo), APA CEE San Rafael (Vigo), APA CEE (Vilagarcía de Arousa) e APA CEE Os Mecos (Vilagarcía de Arousa).

También te podría gustar...