Axuda de 4.512 euros ao Concello do Barco de Valdeorras para a retirada de lodos da estación depuradora de augas residuais, dentro das aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación por valor total de 211.3457 euros
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 211.357,46 euros para o ámbito de infraestruturas en favor de Concellos da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de decembro.
En concreto, na reunión aprobouse unha axuda por importe de 4.512 euros ao Concello do Barco de Valdeorras para a retirada de lodos da estación depuradora de augas residuais. Unha axuda a favor do Concello de Calvos de Randín para arranxos na súa reitoral, ao Concello de Gomesende concederon unha axuda de 15.120,31 euros para a reforma no centro de saúde e ao Concello de Leiro de 50.000 euros para a obra no Centro Cultural. Na Xunta de Goberno aprobaron ademais tres axudas a favor do Concello de Oímbra, unha delas de 14.448,74 euros para a reparación do tellado e revestimento do Centro Social de Bousés, outra das axudas por valor de 13.553,72 euros para a ampliación dos vestiarios do polideportivo, e por último, unha axuda para a renovación da cuberta do edificio da Cámara Agraria por importe de 33.722,69 euros. Outra das axudas aprobadas na reunión desta mañá foi a favor do Concello de San Cibrao das Viñas por importe de 50.000 euros para a axuda da construción dun ximnasio en Ponte Noalla.