Avelino García: ‘O plan de redución de débeda farase antes do previsto se as cousas van como ata agora’
Avelino García Ferradal, alcalde de A Rúa, cando entrou á alcaldía puxo en marcha un plan de redución de debeda estricto e riguroso xa que atopouse cunha cifra de máis un 120%. O plan era quinquenal e buscaba rebaixar a débeda ata o 70%. ‘Buscábamos rebaixalo en só dous anos, e aínda estamos en cifras do 90%, co cal o plan de redución de débeda farase antes do previsto se as cousas van como ata agora’.
Ademáis da redución de débeda, contemplase a redución tamén do pago a proveedores que pase dun 6% a un 2%, cosa que si xa tense previsto alcanzar neste vindeiro 2015.
‘Os orzamentos que estámos a facer son realistas e axustados ós tempos que corren e neles non hai ningún tipo de recorte co cal se asemellan moito ós de 2014, cunha cantidade inicialmente que móvese entre os2,8 e 3 millóns de euros’.
Tiña a intención según nos comenta o rexedor rués de poder reducir esta débeda heredada en dous anos, cosa que era difícil, pero as cifras que se baraxan indica que pode que en tres anos si que se acade.