Autores, photocall e solidaridade no Barco, A Rúa e Viana para celebrar o ‘Día do Libro’
- O Barco organiza unha feira do libro con autores e poetas e o Concello de Viana fai outra con carácter solidario
- En A Rúa a Biblioteca acollerá un maratón de lectura de “El Quijote de La Mancha” con sesión de “photocall” incluida con Quijote e Sancho
A Biblioteca pública Florencio delgado Gurriarán de O Barco desenvolve unha Feira do Libro coa que conmemorar o Día Internacional do Libro. Nesta iniciativa, O Concello convidou as librarías e papelarías do municipio para participar na Praza de Andrés de Prada de 11:00 a 13:30 horas, os días 23 e 24 de abril, sábado e domingo, a fin de mostrar as súas novidades e curiosidades editoriais.
O Concello de O Barco tamén ampliou a invitación ás asociacións e outras empresas editoriais da contorna como o Instituto de Estudios Valdeorreses. Ademáis, a Biblioteca contribuirá á feira colocando varios stands de homenaxe a David D. Vázquez Álvarez, Florencio Delgado Gurriarán e Lauro Olmo.
A Feira estará acompañada dunha actividade diaria. Así, o sábado día 23 contará coa presenza de David D. Vázquez Álvarez, que asinará libros e charlará cos seus lectores. O domingo, o Espectáculo Poético-Musical AldaoLado pechará a feira contando ca presencia de Lucía Aldao e María Lado, dúas das figuras máis revolucionarias do panorama poético galego actual.
Outras localidades veciñas tamén farán a súa feira do libro. É o caso de Viana, que celebra a “I Feira do Libro e Libro de ocasión”, organizada polo Concello, que preside o nacionalista Secundino Fernández. Será na Praza Maior, o 23 sábado, a partires das 16,30 horas. E neste caso conta cun carácter solidario pois os beneficios recadados pola venda de libros de ocasión serán destinados a Cáritas Viana e aos refuxiados sirios polo Concello de Viana en colaboración con grupo de Lactancia e Crianza de Viana do Bolo.
En A Rúa, o sábado tamén se celebra o «Día do Libro«, de 12,00 horas ata as 13,30, na Biblioteca Pública Municipal cun maratón de lectura de “El Quijote de la Mancha” . Así, dende as 10,00 horas e ata as 13,30 os participantes poderán facerse un “photocall con Quijote e Sancho”. Os mais pequenos contaran con debuxos para colorear os personaxes e aquelas escenas mais famosas da obra cumbre de Cervantes. Todos os que participen levaran un marcapáxinas para recordar esta data.
E o luns 25 estará na biblioteca de A Rúa estará o cantautor Magín Blanco con «libros en-cantados», a partires das 12:00 horas.