Atendidas 124 persoas por 82 accidentes de circulación durante a ponte da Constitución e a Inmaculada

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte da Constitución e a Inmaculada a un total de 124 persoas debido a 82 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 6 de decembro, ata as 23:59 horas do luns, 8 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 91 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 82 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 124 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 74 e 46 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 42 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 38 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
38
Lugo
6
Ourense
5
Pontevedra
33
Galicia
82

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 115. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 94 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 13 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

En 109 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no lugar do sinistro.

También te podría gustar...