«Atencióoooon, rodamos en Ourense!!»

  • Manuel Baltar invita á produción audiovisual a rodar na provincia como “o escenario perfecto para calquera historia que poida caber no maxín”
  • O presidente provincial inaugurou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel a exposición «Atencióoooon, rodamos en Ourense!!», que como actividade previa ao inicio do Festival de Cine 2021 exhibe fotografías, textos, publicacións e todo tipo de elementos utilizados nos decorados das películas rodadas na provincia

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, invitou hoxe ao mundo audiovisual “a rodar as súas producións en todos os recunchos da provincia como o escenario perfecto para calquera historia que poida caber no maxín”. No Centro Cultural Marcos Valcárcel, durante a inauguración da exposición «Atencióoooon, rodamos en Ourense!!«, como actividade previa ao inicio do Festival de Cine 2021, Manuel Baltar destacou a firma aposta da Deputación “por converter a Ourense nun inmenso plató, o que se reflicte no feito de que das 27 películas rodadas na provincia, 9 delas son producións realizadas nos últimos anos”. 

A este camiño, dixo, “tamén contribúe a decisión do goberno provincial de asumir a organización do Festival Internacional de Cine, contando con colaboradores indispensables como a Fundación Carlos Velo, a única en Galicia centrada na cultura do audiovisual”. Unha relación coa sétima arte “que non ben de agora xa que somos o berce do cinema en Galicia e hoxe en día toda unha referencia neste sector que fai que todos miren cara esta provincia e capital termal”. 

 

Sobre a exposición, Manuel Baltar sinalou que máis aló do equipo artístico e técnico que fan posible unha película “tamén forman parte esencial desas historias os lugares onde se desenvolve a acción e que a partir de hoxe podemos comprobar a través desta mostra”. 

 

O presidente provincial felicitou ao coordinador do festival, Miguel Anxo Fernández, e da exposición, Xosé Lois Vázquez “Che”, polo resultado dun traballo “inesquecible, ameno e atractivo que se convirte nunha visita obrigada nestes días previos á inauguración do festival”. Unhas palabras que Miguel Anxo Fernández agradeceu ao tempo de destacou que se trata da primeira vez en Galicia e España “que a través dunha mostra se pon en valor a achega dunha provincia ao cinema desde o punto de vista patrimonial, histórico, paisaxístico e ata sociolóxico en relación co cine, achega que no último ano e medio e grazas ao apoio da Deputación permitiu rodar en Ourense cinco longametraxes”. 

A exposición, que permanecerá aberta no Marcos Valcárcel ata o 26 de outubro, reúne fotografías, textos, publicacións e todo tipo de elementos utilizados nos decorados das películas rodadas na provincia, entre outras La ley de la frontera, Sempre Xonxa, La lengua de las mariposas, Vilamor, A Esmorga ou O que arde.  

 

También te podría gustar...