As XXXIII Xornadas de Folclore pasarán po O Barco, Viana e a A Rúa do 11 ó 15 de agosto

  • As actuacións terán lugar en 16 localidades da provincia de Ourense con grupos de Sudáfrica, Bolivia, Colombia, Rusia, Arxentina e Serbia

 

Xornadas1

Presentación Xornadas

As XXXIII Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación provincial de Ourense, xunto co Teatro Principal e o Centro de Cultural Popular Xaquín Lorenzo, desenvolveranse do 8 ó 17 de agosto en 16 localidades da provincia: Ourense, A Rúa, Allariz, Bande, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, O Barco, O Carballiño, Ribadavia, Trives, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia.

Chegarán a O Barco o 11 de agosto, a  Viana o 12, e pasarán por A Rúa o 15 de agosto, sesión todas elas a partires das 22,30 horas.

Nesta nova edición do certame participan seis grupos chegados dende Sudáfrica, Bolivia, Colombia, Rusia, Arxentina e Serbia, que amosarán o folclore dos seus países con vistosos espectáculos que sempren sorprenden ó público.

Este festival xa é un clásico no agosto ourensán e participan os grupos Thembanjilo Foundation de Ulundi (República de Sudáfrica), Compañía Argentina de Arte de General Roca (República Argentina) e Satate Dance and Song Ensemble «Vainakh» de Grodni (Rusia-República de Chechenia).

Sudáfrica é un país cunha grande variedade de culturas. O grupo estatal da Fundación Themba Njilo foi fundado en 1984 na rexión KwaZulu, na provincia de Limpopo. Está composto por 35 mozos estudantes de varias rexións. Presenta un espectáculo moi dinámico e con moita enerxía, complementado cunha grande variedade de lindos traxes tradicionais da rexión da que proceden. No seu repertorio incorporan diferentes tipos de danzas indíxenas e músicas de tradición Zulú, acompañadas dunha forte compoñente musical. O grupo conta cunha longa experiencia internacional tendo representado o seu país nos maiores festivais mundiais na Indonesia, España, Italia, Reino Unido, EUA, Alemaña, Bélxica, Holanda e Portugal.

Presentación Xornadas

 

A Compañía Argentina de Arte Folklórico CAF da Cidade de General Roca (Río Negro) ten como obxectivo difundir a música e a danza do folclore arxentino. O grupo está integrado por músicos e bailaríns de distintas provincias, cunha ampla traxectoria nacional e internacional. Estes artistas teñen representado a cultura e as tradicións populares de Arxentina en varios festivais de países europeos como; Portugal, Alemaña, Polonia, España, Francia e Italia. O repertorio da Compañía baséase nas danzas de diferentes rexións da Arxentina, interpretadas dun xeito novo e atractivo, onde o entusiasmo do público mantense en toda a presentación, destacando bailes como o tango e o malambo.

A República de Chechenia, territorio autónomo dentro da Confederación Rusa, está situada no norte do Cáucaso, facendo fronteira ao sur con Xeorxia e ao este coa República de Daguestán. A súa paisaxe caracterízase pola planicies do norte e as montañas, vales e ríos do sur, aspectos que forxaron a idiosincrasia dun pobo, orgulloso e belicoso, acostumado durante séculos a continuas guerras. O grupo foi creado en 1939, e dende entón promove a conservación e difusión da cultura tradicional (canto, música, bailes) dos pobos caucásicos, e máis concretamente a relacionada co territorio de Chechenia.

O repertorio do grupo Vainakh ten entusiasmado ao público da antiga Unión Soviética coas súas coreografías e espectaculares danzas, conseguindo numerosos premios tanto á súa calidade artística como ao traballo pola recuperación e preservación do folclore checheno. Tamén ten participado en numerosos festivais de folclore de todo o mundo, como Polonia, Alemaña, Bulgaria, e gañando premios en Turquía e Italia.

 

 

También te podría gustar...