As propostas de Riada Cidadá , protagonistas do debate a catro no Barco
Dende a formación, entenden que ás suas propostas feitas onte no debate a catro no Barco, foron as calras protagonistas.
Neste sentido, dende esta formación realizan o seguinte comunicado resumindo o seu punto de vista do debate de onte:
Sometido a un formato absurdo, mal dirixido e ideado para favorecer ós de sempre, o debate a catro organizado por un xornal local no Salón Multiusos de O Barco onte pola noite só tivo un protagonista: Félix García Yáñez, cabeza de lista de Riada Cidadá.
Mentres os candidatos de PP e PSOE dedicáronse a pelexarse e sacar os seus trapos sucios, que son moitos, García Yáñez adicouse a expoñer un programa que se caracteriza por un marcado foco social, orientado a recuperar todos os servizos externalizados e poñelos ao servizo dos cidadáns con estritas medidas de participación e control da cidadanía, transparencia e defensa do público.
As propostas do representante de Riada Cidadá, como a creación dun Centro de Día para persoas maiores, o fomento do emprego por parte do consistorio ou a recuperación integral da ribeira do Sil, non caeron en saco roto e ata foron apoiadas polos outros membros do debate. Trátanse de propostas sinxelas, algunhas delas baseadas no consenso e o longo prazo, ideas de sentido común que poden cambiar para sempre a fisonomía do pobo e a sociedade de O Barco, cuios veciños e veciñas están desexando participar activamente nas decisións que se toman desde o Concello, e non só facelo cada catro anos a través das urnas. Queremos un Concello da xente e para a xente. Por fin, O Barco esperta.