«As letras de Florencio. O éxito dun proxecto»

  • Terceira Palestra de Valdeorras Infinda
Este mércores, 6 de outubro, ás 19.30 horas, Débora Álvarez Moldes ofrecerá a palestra titulada «As letras de Florencio. O éxito dun proxecto», no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.
 
Primeiro haberá unha introdución poética da man de Paco Campos. A continuación, Débora Álvarez Moldes achegará o percorrido vital de Florencio Delgado Gurriarán e das iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha para reivindicar o seu papel na historia literaria galega. Proxectarse a curtametraxe «O Castiñeiro morto», de Domingo D. Docampo, baseada no primeiro poema publicado polo poeta de Córgomo.
 
Débora Álvarez Moldes é licenciada en Filoloxía Galega. Xestora Cultural. Débora é directora do proxecto «As letras de Florencio», que desde 2016 vén loitando por unir toda a sociedade valdeorresa na reivindicación das Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán, algo que terá lugar en 2022.
 
 
 

También te podría gustar...