As Letras de Florencio celebra varias rutas guiadas pola aldea natal do poeta

  • Máis de douscentos estudiantes valdeorreses farán un roteiro polo Córgomo de Florencio
  • As Letras de Florencio celebra varias rutas guiadas pola aldea natal do poeta na que estarán escolares de toda a comarca

 

O máis próximo non é sempre o máis coñecido e por iso dende As Letras de Florencio, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, organizouse un roteiro educativo pola aldea natal de Florencio destinado aos centros educativos da comarca de Valdeorras. Estará guiado por Débora Álvarez Moldes, cooordinadora das Letras de Florencio, e Fernando Santalla, veciño de Córgomo e parente do poeta. 

As visitas xirarán en torno aos lugares da aldea que tantas saudades poéticas lle inspiraron, comezando na Portela ou en Baxeles, aldeas veciñas nas que Florencio tiña bos amigos e que visitaba con frecuencia. O roteiro deterase en puntos da súa biografía, como a casa natal e mais a do Poulo, onde viviu de mozo, e tamén noutros mencionados nos seus poemas como a igrexa da Santa Marta ou a Aira dos Bolos onde «xogan, mau a mau / o Severino i o Ferros!».

De momento está programada a visita de catro centros educativos, o que suma máis de douscentos alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria. As datas e centros foron/ son os seguintes: 
Mércores 11 de maio, Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras. Saída ás 9.30 dende A Portela.
Venres 13 de maio. CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartin de Valdeorras. Saída ás 10.00 dende Baxeles.
Hoxe luns 16 de maio, CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. Saída ás 10.00 dende Baxeles.
Venres 20 de maio, CPI Tomás Terrón Mendaña, Carballeda de Valdeorras. Saída ás 10.00 dende Baxeles.

 

También te podría gustar...